4/11/2006

De palas e chaves

De palas............................

Debería de escribir un poema titulado "se saes de marcha o día anterior, non vaias a remar".

Pois iso foi o que me pasou cando fumos para Pontedeume. Da parte de Compostela fun o único en acudir, de Coruña dous (Lupo e Elena). Facía un día precioso e os gintonics non ían facer que me quedara pegado á cama.Cheguei unha hora tarde (bueno un pouco máis), troco de muda no coche a toda hostia, coloco a piragua na auga e tan só me falta a pala.....ahí de camiño para o coche, xa me ía dando conta que "hostias, non pode ser", "dime que non", pois sí, olvidara a pala en Santiago....Cagondioos, volta para a casa.....a descansar no sofá e ver a peli de turno.

........................e chaves

O Domingo fumos con Didí e mais Lola a dar uns voltios nos Kayaks. Como elas todavía non teñen piraguas decidimos que partiríamos dende a Praia de Liméns e no Camping (de mesmo nome), nese sitio tan precioso, os de Nordés alquílanas.
Pois como ía dicindo, saímos e fumos con moitísimo coidado bordeando toda a costa ate a Praia de Nerga, digo que fumos bordeando, xa que aínda que facía bo tempo, viña o vento do Norte e non era plan arriscar, xa somos dabondo novatos. O traxecto foi de case 7 Kms (ida e volta), pasámolo moi ben, pero o mellor pasaría a continuación................
..................ó chegar á praia de Liméns, empezamos a lavalas piraguas e cando vou a coller as cinchas para colocar o meu kayak na baca.....plas.....doume de conta que acabo de perder as chaves do coche..............Non pode ser....Noooooooon. O que ocurríu alí tan só o sabemos nós ......O meu móvil escarallado, sen chaves.....

O conto é que tivemos que volver a toda hostia andando para Cangas, collelo barco que leva a Vigo, ir até a estación de tren e chegar ás 22:20 da noite a Compostela. Hoxe pola tarde tiven que volver a polo carro, pero xa estaba mais tranquilo.

4/04/2006



Hoxe como facía tan bó tempo, fumos o Nuno e mais eu ate Rianxo. Volvimos a saír dende a praia da torre. Desta vez fixemos 7 kms.

3/30/2006

Outras vez polas Fragas do Eume



A última vez que fumos ás Fragas do Eume, eramos 4, parece que desta seremos mais, entre 7 e 8 persoas. As mulleres estánse a animar, menos mal.







Quedaremos todos en principio sobre as 13:00 na lonxa de Pontedeume dende onde partiremos. Non hai problemas para os que non teñan Kayak, os do clube Firrete alquílanas por 5 Euros a hora.

Os kms que faremos serán sobre uns 10 kms, ida e volta. A idea sería quedarnos unha horiña para merendar nas Fragas e logo volver.

3/21/2006

Exposición no CGAC


Tomei esta foto no CGAC, fíxome gracia.

3/15/2006

Este si que sabe esquimotear e non eu.
Mentras este por Compostela aprenderemos del. Rory e un rapaz que estivo na selecci�n xuvenil irlandesa de kayak-polo.

Powered by Castpost
Para ser a primeira vez, non estivo nada mal, pero agora estou reventado...Chiiiir

Powered by Castpost

3/14/2006

Intento de esquimotaxe

Tan só foi un intento. Bueno foron varios.... pero nada. Ó principio estaba demasiado nervioso. Logo funme relaxando. De tódalas formas, isto require de varias sesións.

Un exercicio moi bó foi o de estar co kayak boca abaixo sen a pala, aguantar un pouquiño e volver a poñerme boca arriba....iso sí coa axuda de Mister Rory e Nuno. NON INTENTEDES FACELO SÓ.

Logo intenteino unhas cantas veces coa pala, pero nada. Supoño que terei que seguir practicando.
En Abril, os de Nordés Kayak farán un curso de reentrada na piragua e supoño que ensinarán algo de esquimotaxe.

Polo de pronto xa posteei o meu vídeo e o de Mister Rory no Google Vídeo. Intentarei mirar se os podo colgar dende o propio blog.
</div>