De palas e chaves
De palas............................
Debería de escribir un poema titulado "se saes de marcha o día anterior, non vaias a remar".
Pois iso foi o que me pasou cando fumos para Pontedeume. Da parte de Compostela fun o único en acudir, de Coruña dous (Lupo e Elena). Facía un día precioso e os gintonics non ían facer que me quedara pegado á cama.Cheguei unha hora tarde (bueno un pouco máis), troco de muda no coche a toda hostia, coloco a piragua na auga e tan só me falta a pala.....ahí de camiño para o coche, xa me ía dando conta que "hostias, non pode ser", "dime que non", pois sí, olvidara a pala en Santiago....Cagondioos, volta para a casa.....a descansar no sofá e ver a peli de turno.
........................e chaves
O Domingo fumos con Didí e mais Lola a dar uns voltios nos Kayaks. Como elas todavía non teñen piraguas decidimos que partiríamos dende a Praia de Liméns e no Camping (de mesmo nome), nese sitio tan precioso, os de Nordés alquílanas.
Pois como ía dicindo, saímos e fumos con moitísimo coidado bordeando toda a costa ate a Praia de Nerga, digo que fumos bordeando, xa que aínda que facía bo tempo, viña o vento do Norte e non era plan arriscar, xa somos dabondo novatos. O traxecto foi de case 7 Kms (ida e volta), pasámolo moi ben, pero o mellor pasaría a continuación................
..................ó chegar á praia de Liméns, empezamos a lavalas piraguas e cando vou a coller as cinchas para colocar o meu kayak na baca.....plas.....doume de conta que acabo de perder as chaves do coche..............Non pode ser....Noooooooon. O que ocurríu alí tan só o sabemos nós ......O meu móvil escarallado, sen chaves.....
O conto é que tivemos que volver a toda hostia andando para Cangas, collelo barco que leva a Vigo, ir até a estación de tren e chegar ás 22:20 da noite a Compostela. Hoxe pola tarde tiven que volver a polo carro, pero xa estaba mais tranquilo.