Estreno no embalse de Portodemouros

Por fín, carallo por fín... Onte fun a pola piragua e hoxe a estrenei no embalse de Portodemouros, xunto co meu amigo Manís. Por suposto...levei chaleco ("por si las moscas").
Pensaba que ó estar no embalse non ía facer tanto vento,equivoqueime. De tódolos modos esta piragua de mar fixo ben o seu traballo. Despois de probala eu, logo foi Manís, pena de cámara, pobriño, caeu ó minuto de subirse nela, era a súa primeira vez nunha piragua.
