3/15/2006

Este si que sabe esquimotear e non eu.
Mentras este por Compostela aprenderemos del. Rory e un rapaz que estivo na selecci�n xuvenil irlandesa de kayak-polo.

Powered by Castpost
Para ser a primeira vez, non estivo nada mal, pero agora estou reventado...Chiiiir

Powered by Castpost

3/14/2006

Intento de esquimotaxe

Tan só foi un intento. Bueno foron varios.... pero nada. Ó principio estaba demasiado nervioso. Logo funme relaxando. De tódalas formas, isto require de varias sesións.

Un exercicio moi bó foi o de estar co kayak boca abaixo sen a pala, aguantar un pouquiño e volver a poñerme boca arriba....iso sí coa axuda de Mister Rory e Nuno. NON INTENTEDES FACELO SÓ.

Logo intenteino unhas cantas veces coa pala, pero nada. Supoño que terei que seguir practicando.
En Abril, os de Nordés Kayak farán un curso de reentrada na piragua e supoño que ensinarán algo de esquimotaxe.

Polo de pronto xa posteei o meu vídeo e o de Mister Rory no Google Vídeo. Intentarei mirar se os podo colgar dende o propio blog.

Kayakompostela, kada vez somos +

KayaKompostela

Con este título na entrada do blog, quero facer referencia á asociación que se está a crear estes días entre uns pouquiños (agora) e que deseguro dará que falar. Temos proxectos.... pero mellor non adiantar acontecementos.

Mañán iremos Didí, Nuno, Mister Rory e mais eu á Praia de Tapia en Bertamiráns para as nosas primeiras clases de esquimotaxe.

3/13/2006

Pois sí...fumos a Pontedeume.
Chegamos ás 12:30 e os do Clube Firrete alquiláronnos 2 kayaks de mar (para Rory e Didí). Lupo chegou algo tarde por problemas coa súa baca. O tempo estivo ben, aínda que esperábamos algo de sol. Mister Rory estivo na selección xuvenil de Irlanda de Kayak Polo e xa nos estivo enseñando algo de esquimotaxe. Intentarei subir o vídeo.
En canto a Frau Didí practicou en Suiza, Eslovenia e Alemania Kayak de augas bravas. É decir que levábamos 2 profesores de carallo.
</div>