Puente de la familia Cascos (o conto dos 12 traballadores)

Pois iso se a piscifactoría vai para Rinlo, propoño que me deixen poñer o meu chalecito a "pé de acantilado", iso sí a 1Euro o metro cadrado, bueeno vale... a 2 Euros como máximo. De paso propoño tamén arreglar esa ponte tan vella que hai na Ría de Reinante. Como veredes o meu non é o retoque fotográfico, pero vendo as barbaridades que se fan por ahí, o meu non é nada.
¿Lembrades o Simcity?poderíamos xogar a él con Ribadeo, colocando indústrias petroquímicas, carreteras, en fín progreso e mais progreso. Total se nos vai mal, tan só habería que premer no botón de reiniciar partida. Pena que todo isto que está a pasar non é un xogo, e o que está a acontecer terá graves repercusións no futuro da mariña, despois da piscifactoría ¿que virá despois?.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home